Muá, Muá
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Muá, Muá | ||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
|
||||||||||||||||||||||
|
Muá, Muá (título orixinal en inglés Kiss Kiss) é unha colección de relatos curtos de Roald Dahl, publicados conxuntamente en 1960 por Alfred Knopf. Foron traducidos o galego por Isabel Fortes e publicados por Ir Indo en 1990.
Contén os seguintes relatos:
- "A patrona"
- "William e Mary"
- "A subida aos ceos"
- "O pracer dun crego"
- "Mrs Bixby e o abrigo do coronel"
- "Xelea real"
- "Georgy Porgy"
- "Xénese e catástrofe, unha historia verdadeira"
- "Edward o Conquistador"
- "Porco"
- "O campeón do mundo"
Sen chegar a ser relatos de terror, estas son algunhas das historias máis macabras de Dahl. Sutilmente, o inxenuo castiga o malvado, mais tamén ao revés.
A maioría das historias son presentadas como narracións típicas, aínda que con personaxes imaxinativos. O horror de cada relato aparece construído arredor da implicación, pero non se relata explicitamente, polo que moitos dos finais, con morte ou situacións desagradábeis, só poden ser imaxinados.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Ficha na páxina da editorial.
| Relatos de Muá, Muá (Roald Dahl, 1960) |
| "A patrona" - "William e Mary" - "A subida aos ceos" - "O pracer dun crego" - "Mrs Bixby e o abrigo do coronel" - "Xelea real" - "Georgy Porgy" - "Xénese e catástrofe, unha historia verdadeira" - "Edward o Conquistador" - "Porco" - "O campeón do mundo" |