Movimiento Comunista

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Movimiento Comunista (MC) foi un partido comunista de España fundado en 1972, aínda que as súas orixes está nunha escisión de ETA en 1967 coñecida como ETA Berri e máis tarde Euskadiko Mugimendu Komunista (EMK), partidario dunha política máis marxista e que procuraba a cooperación con outros grupos dentro de España e así fusionase coa Organización Comunista (Aragón), Unificació Comunista (Valencia), Grup de Formació Marxista-Leninista de les Illes (Baleares) e un grupo de comunistas independentes asturianos para formaro Movimiento Comunista de España, chamado desde 1976 Movimiento Comunista, un partido federal con organizacións federadas en case todo o territorio español. As organizacións de Cataluña, Valencia e Baleares formaban o Moviment Comunista del Països Catalans, o EMK deixou o MC a mediados dos 80 aínda que mantivo a colaboración co MC.

Aínda que inicialmente o MC foi maoísta evoluíu cara un comunismo independente das grandes correntes internacionais, moi intelectualizado, cunha grande énfase no feminismo e no recoñecemento das realidades nacionais de España. Nas eleccións xerais impulsou varias plataformas electorais como a Candidatura de Unidad Popular en Madrid. En 1979 integrouse no MC a Organización de Izquierda Comunista

Tras a integración de España na Unión Europea o MC xunto á Liga Comunista Revolucionaria (LCR) apoiou a candidatura de Herri Batasuna ó Parlamento europeo en toda España. Tamén tivo un papel destacado na creación do Comité Anti-OTAN.

En 1991 unificouse coa LCR adoptando o nome de Izquierda Alternativa, que tivo unha corta vida xa que desapareceu en 1993 e a maioría dos antigos militantes do MC seguiron en política co nome de Liberación.

En Galicia o Movemento Comunista de Galicia era o referente do MC. A fusión coa LCR deu orixe ao partido de ámbito galego Inzar, que se integrou no BNG no ano 1993.