Movemento polos Dereitos Civís (MpDC)
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Movemento polos Dereitos Civís")
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Movemento polos dereitos civís (homónimos).
O Movemento polos Dereitos Civís (MpDC) é unha asociación galega que busca velar polos dereitos civís da cidadanía, orixinalmente integrada pola CIG-Mocidade, os CAE e os CAF, se ben estas organizacións xa non participan.
Constituíuse no ano 2002 en Santiago de Compostela co obxectivo de chamar a atención sobre sobre as perdas e violacións de dereitos de todo tipo, ademais de incitar a denunciar estes feitos para combater a impunidade, especialmente das administracións.
Entre outras actividades, con carácter anual, desde 2003 (no ano 2002 non se imprimiu) edita un boletín analizando a situación dos dereitos civís en Galiza.