Movemento pola independencia de Quebec

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A provincia do Quebec en rosa escuro.

O movemento pola independencia de Quebec (en francés: Mouvement souverainiste du Québec) refírese ao status histórico e situación actual dos movementos políticos múltiples e multi-laterais que visan a soberanía da provincia canadense de Quebec.

Cerca do 80% da poboación do Quebec é descendente de franceses. A poboación de Quebec é na súa maioría católica, a diferenza do resto do país, no que a poboación na súa maioría é protestante e utiliza o idioma inglés. Outra forte característica é a arquitectura que é moi influenciada polo estilo francés.

No Quebec hai unha gran concentración de franceses, xa que por consecuencia da rivalidade entre franceses e ingleses, as tendencias separatistas sempre estiveron presentes na historia do Canadá.

En 1969 tivo lugar o recoñecemento e a oficialización da lingua francesa no Quebec. Once anos despois tivo lugar un referendo para ocorrer o separatismo do Quebec, porén a maioría da poboación votou en contra.

En 1987, os separatistas lograron ter maior autonomía sobre a política e á economía da provincia. Este acordo levou á poboación doutras provincias a se cuestionaren sobre os dereitos adquiridos.