Movemento pola Francia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mouvement pour la France (MPF)
Partido político de Francia
MocidadesJeunes pour la France
Filiación internacionalIndependencia e Democracia
Historia
Fundación20 de novembro de 1994
Posicións políticas
IdeoloxíaDereita
Nacionalismo francés
Representación
Representación2 deputados (de 577) na Asemblea Francesa
3 senadores (de 331) no Senado
Outros datos
Sede91, TER, rue du Cherche-Midi, 75006 París
PublicaciónPour la France
Na rede
www.pourlafrance.fr/

Movemento pola Francia (Mouvement pour la France) é un pequeno partido político francés de dereita nacionalista e conservadora, presente en todo o territorio francés. O MPF foi un dos grandes vencedores do ano 2005, coa vitoria do Non ó referendo sobre a Constitución Europea.

Historia[editar | editar a fonte]

Foi fundado o 20 de novembro de 1994 na Maison de la Chimie en París. Xunguiuse á lista "Maioría pola outra Europa" nas eleccións europeas, que acadou o 12,23% dos votos.

Philippe de Villiers preséntase como o seu candidato ás eleccións presidenciais de 1995, pero sen chegar a transformar ó MPF nun partido nacional solidamente estruturado. Acada menos do 5% dos votos.

Nas eleccións europeas de 1999, aliouse con Rassemblement pour la France e a alianza obtivo 13 escanos

O partido é dirixido polo seu presidente Philippe de Villiers, e o seu secretario xeral Guillaume Peltier.

En xuño de 2004 logrou tres escanos no Parlamento europeo, ocupados por Philippe de Villiers, Paul-Marie Couteaux e Patrick Louis.

Na Asemblea Nacional ten como representante a Véronique Besse. No Senado, a Bruno Retailleau, Philippe Darniche e a Bernard Seillier, o único parlamentario do MPF non elixido na Vendée.

Está implantado en toda Francia, aínda que o seu poder non é estable, presentado en solitario acadou o 5% dos votos, e en coalición con outro partido de similares características o 13%. Aínda así, o Frente Nacional francés de Le Pen, é a punta de lanza dos nacional demócratas franceses.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]