Movemento ocular rápido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O termo movementos oculares rápidos (en galego MOR; en inglés REM, de rapid eye movements) ten que ver coa fase do soño durante a cal se presenta a maior frecuencia e intensidade das chamadas ensoñacións (soños, as escenas oníricas). Durante esta fase os ollos móvense axiña e a actividade das neuronas do cerebro aseméllase á de cando se está esperto, polo que tamén se lle di soño paradoxal (sommeil paradoxal en francés).

Hipnograma.