Movemento Republicano Popular

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Movemento Republicano Popular (Mouvement Républicain Populaire, MRP) foi un partido político francés que actuou entre 1944 e 1967, foi un partido demócrata cristián xurdido na resistencia francesa ao réxime de Vichy e a ocupación alemá, tras a guerra participou no goberno provisorio da República francesa. Nas eleccións de 1945 conseguiu 140 escanos e nas eleccións de 1946 logrou 169 deputados co 28.1% dos votos converténdose no primeiro partido francés. Nas seguintes eleccións o MRP baixou electoralmente e en 1962 tiña 62 escanos, absorbidos boa parte dos seus votantes polo gaullismo. O MRP era partidario da integración de Francia en Europa e na OTAN e do mantemento das colonias.