Mount Hagen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Provincia de Western Highlands

Mount Hagen (do alemán é a terceira cidade de Papúa Nova Guinea. É a capital da Provincia das Terras Altas Orientiais e atópase no fértil val do Wahgi, no centro da Papúa Nova Guinea continental, a unha altura de 1677 m.

A Highlands Highway é a principal ruta que conecta Mount Hagen coas cidades costeiras de Lae and Madang.

O topónimo provén do volcán Mount Hagen, localizado a uns 24 km ao noroeste. O volcán leva o nome do oficial colonial alemán Curt von Hagen, sendo Hagensberg en alemán

En 1933 Mick Leahy, irmán de Dan Leahy, e Jim Taylor realizaron un recoñecemento aéreo das Highlands e descubriron o enorme e poboado Val Wahgi. Pouco tempo despois adentráronse a pé e convertéronse nos primeiros occidentais en tomar contacto coas tribos do lugar. Estes primeiros expedicionarios construíron un aeroporto en Kelua, a pouca distancia da actual Mount Hagen. En 1934, construíuse unha nova pista de aterraxe, o aeródromo de Mogei, no lugar onde se formou logo a cidade.

Todos os anos celébrase en Mount Hagen un importante festival, onde se reúnes tribos de todo o estado para amosar as súas herdanzas culturais, con danzas e música, denominado Sing-sing.

O aeroporto de Mount Hagen atópase en Kagamuga, a 15 minutos en coche do centro de Mount Hagen.