Motor de excitación independente

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os motores de excitación independente son aqueles que obteñen a alimentación do rotor e do estator de dúas fontes de tensión independentes. Así, o campo do estator é constante ó non depender da carga do motor, e o par de forza é practicamente constante. As variación de velocidade ó aumentar a carga deberanse só á diminución da forza electromotriz por aumentar a caída de tensión no rotor.

As curvas características do motor a miúdo son dúas:

  1. A característica de velocidade nas que se representa como se modifica a velocidade de xiro en función da intensidade do inducido mentres mantense constante a intensidade de excitación.
  2. A característica de par, na que se representa a variación do par en función da intensidade do inducido mentres mantense constante a intensidade de excitación.

O motor de excitación independente é o máis axeitado para calquera tipo de regulación pola independencia entre o control polo indutor e o control polo inducido.

Os motores de excitación independente teñen como aplicacións industriais o torneado e taladrado de materiais, ventilación de fornos, retroceso de útiles para serrar...

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]