Mosteiro de Santa María de Ferreira de Pantón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mosteiro de Santa María de Ferreira de Pantón
Vista do conxunto.
Datos xerais
PaísEspaña
TipoIgrexa parroquial
LocalizaciónFerreira de Pantón (Pantón)
Coordenadas42°30′30″N 7°37′11″O / 42.50833333, -7.61972222Coordenadas: 42°30′30″N 7°37′11″O / 42.50833333, -7.61972222
Culto
CultoCatólico
DioceseLugo
Arquitectura
Construciónséculo XI (igrexa), século XVI (claustro), século XVIII (mosteiro)
Estilorománico (igrexa), renacentista (claustro), barroco (mosteiro)
editar datos en Wikidata ]

O mosteiro cisterciense do Divino Salvador de Santa María de Ferreira de Pantón, situado na parroquia de Ferreira de Pantón, no concello de Pantón, é actualmente o único mosteiro feminino da orde do Císter en Galicia.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

Parece que foi un mosteiro dúplice desde os primeiros tempos até o século XII. En 1175, [2]despois dunha fase de decadencia, a condesa Fronilda de Lemos restaura a vida monástica, o mosteiro rehabilítase e intégrase na orde do Císter baixo dirección dos monxes de Meira. A xurisdición destes prolongarase até 1600, cando o cenobio se integra na Congregación de Castela.

Foi declarado Monumento Histórico-Artístico de carácter nacional en 1975.[2] Como Ben de Interese Cultural (BIC.000.328) foi incluído en 2018 na declaración de Ben de Interese Cultural da paisaxe cultural da Ribeira Sacra.[3] É o único mosteiro da Ribeira Sacra que mantén a unha comunidade relixiosa.[4]

Descrición[editar | editar a fonte]

Claustro.

Accédese ao conxunto a través dun arco de entrada do século XVIII. A fachada é de tipo renacentista. Posúe un torreón á dereita, rematado nun mirado con balaustrada de pedra. O seu único claustro -o regular- atópase ao oeste da igrexa, pegado á fachada da mesma.

A hospedaría, con galería e columnata de pedra a modo de pazo, forma ángulo co edificio. No espazo oposto está a Casa das Donas, onde se aloxaban as damas da nobreza que tomaban os hábitos.

Ábsida da igrexa de Santa María.

No interior do mosteiro, destaca a parte baixa do claustro renacentista: arcos de medio punto sobre capiteis xónicos e bases toscanas sosteñen unha cornixa saínte sobre a que debía descansar un segundo claustro que non chegou a construírse.

A igrexa[editar | editar a fonte]

A igrexa do mosteiro é o maior valor artístico do conxunto pola súa ornamentación profusa e diversa, sobre todo na súa ábsida. Considérase que a súa construción foi anterior á incorporación do mosteiro á orde do Císter.

Consta dunha soa nave rectangular. A ábsida ten forma semicircular precedida de tramo recto. Neste tramo, cuberto con bóveda de canón, están os sepulcros de Diego e seu fillo, Lope Sánchez de Lemos.[5][2] O tramo curvo, con bóveda de cuarto de esfera, ten tres ventás enmarcadas por arcos de medio punto, ao dereito e invertidos. Tamén na ábsida son admirábeis os motivos vexetais, animais e antropomorfos dos capiteis e dos canzorros.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas

  1. "Nuestro Monasterio - monasteriodeferreira.net". www.monasteriodeferreira.net. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2021. Consultado o 2021-02-24. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "DECRETO 2495/1975, de 23 de agosto, por el que se declara monumento histórico artístico de carácter nacional el Monasterio Cisterciense de Ferreira de Pantón (Lugo)." (PDF). Boletín Oficial del Estado (23 de outubro de 1975) 254: 22296. 23 de agosto de 1975. A22296-22296. 
  3. "DECRETO 166/2018, do 27 de decembro, polo que se declara ben de interese cultural a paisaxe cultural da Ribeira Sacra." (PDF). Diario Oficial de Galicia (31 de decembro de 2018) (248): 54800. 7 de decembro de 2018. 
  4. "Ribeira Sacra. Mosteiro de San Salvador de Ferreira". Ribeira Sacra. Consultado o 2021-12-27. 
  5. La Voz de Galicia (2004). Monasterios de Galicia. [A Coruña]: La Voz de Galicia. ISBN 84-933775-5-4. OCLC 865297077. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]