Mosteiro de San Vicenzo de Pombeiro
Coordenadas: 42°26′53″N 07°42′10″W / 42.44806°N 7.70278°W
O mosteiro de San Vicenzo de Pombeiro ou San Vicente Polumbario é unha edificación relixiosa da que queda a igrexa de estilo románico situada na parroquia de Pombeiro do concello de Pantón na Ribeira Sacra.
Índice |
Historia [editar]
De orixes eremíticas, remontables ao Reino Suevo, semella ter sido fundada pola raíña de Galicia Goto Muñiz, dona de Sancho Ordóñez no século X. En 1109, a raíña Urraca doouna á Orde de Cluny. Coincidindo co esplendor do monacato medieval, foi reedificada no século XII e XIII. Foi priorado ata o 1526 en que foi asumido polo mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil. Igual que outros mosteiros bieitos, as reformas dos Reis Católicos, sometérono á Congregación de Valladolid.
Arquitectura [editar]
Contén tres naves e os correspondentes tras ábsidas. A portada principal, enmarcada entre contrafortes e baixo un decorado gardachoivas é de estilo protogótico. As outras portadas, de época similar, son tamén de notable interese arquitectónico medieval, a do norte, tamén enmarcada en contrafortes, sitúase baixo un aprezable rosetón.
Existen pinturas interiores do século XV, e retablos renacentista e barroco.