Mosteiro de Montserrat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 41°35′35.54″N 1°50′13.70″E / 41.5932056°N 1.837139°E / 41.5932056; 1.837139

Mosteiro de Montserrat.

O mosteiro de Santa María de Montserrat é un mosteiro beneditino situado en España. Atópase na montaña de Montserrat, pertencente á comarca catalá do Bages, provincia de Barcelona, a unha altura de 720 metros sobre o nivel do mar. Administrativamente pertence ao municipio de Monistrol de Montserrat, aínda que algúns dos seus terreos próximos entran no término de Collbató.

Coa súa imaxe da Virxe de Montserrat, é un símbolo para Cataluña e converteuse nun punto de peregrinación para crentes e de visita obrigada para os turistas.

Dentro das diferentes accións que se desenvolven en Montserrat destaca a escolanía, que é un dos coros de nenos cantores máis antigos de Europa.

O santuario de Montserrat, xunto cos santuarios de Torreciudad, El Pilar e Lourdes conforman a Ruta mariana, itinerario guiado pola espiritualidade e devoción mariana, posuidor dunha gran riqueza patrimonial, gastronómica e natural.

Galería de imaxes [editar]

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: