Mosteiro, Bóveda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Mosteiro, Mosteiro, Bóveda»)
Mosteiro
ConcelloBóveda[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas42°37′04″N 7°26′26″O / 42.61776, -7.440598Coordenadas: 42°37′04″N 7°26′26″O / 42.61776, -7.440598
Poboación8 hab. (2019)
Entidades de poboación1[1]
editar datos en Wikidata ]

San Paio de Mosteiro é unha parroquia de Bóveda na provincia de Lugo. Segundo o padrón municipal de 2019 tiña 7 habitantes (5 mulleres e 2 homes), concentrados en 1 entidade de poboación co mesmo nome, Mosteiro, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 14 habitantes e sobre todo ao ano 1991 cando tiña 39 habitantes. Pertence ó arciprestado de Santalla de Rei.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Linda ó norte con Guntín, ó sur con Ribas Pequenas e Piño, ó leste con Freituxe e, ó oeste con Ver.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

  • A igrexa parroquial data do século XVII, sendo a súa planta rectangular, construída en muros de cachotería de lousa. Mediante un arco de medio punto rebaixado accédese á capela maior, a distinta altura ca nave. Parece ser que na súa orixe contaba cun pórtico columnado que rodeaba toda a igrexa.

Posiblemente houbese no lugar un mosteiro beneditino, ó cal debería o seu nome esta parroquia.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Mosteiro[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Mosteiro no concello de Bóveda (provincia de Lugo)

Mosteiro

Parroquias de Bóveda[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Bóveda

Bóveda (San Martiño) | Freituxe (Santiago) | Guntín (San Cristovo) | Martín (San Cristovo) | Mosteiro (San Paio) | Remesar (San Xoán) | Ribas Pequenas (Santiago) | Rubián (Santiago) | San Fiz de Rubián (San Fiz) | Teilán (Santa Baia) | Tuimil (Santa María) | Ver (San Vicenzo) | Vilalpape (San Bartolomeu) | Vilarbuxán (San Bartolomeu)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]