Mossos d'Esquadra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mosso d'Esquadra con uniforme de gala.
Un coche patrulla en Barcelona.

A Policia de la Generalitat de Catalunya - Mossos d'Esquadra é a forza de policía da Generalitat de Catalunya, refundada, como corpo de policía propio mediante a Lei 19/1983, de 14 de xullo de 1983, aprobada polo Parlament de Catalunya. Fundada en 1719, é a forza de policía civil máis antiga de Europa.

Como policía integral ocúpase das funcións de seguridade cidadá, policía administrativa, policía xudicial, intervención e policía de proximidade, todas elas competencias da Generalitat.

Historia[editar | editar a fonte]

Ó longo dos anos, pasou por diversas vicisitudes, e nalgunhas épocas baixo o control militar español, pero dende 1980 está ás ordes da Generalitat de Catalunya.

En 1994 comezou un proceso de substitución das forzas de seguridade do Estado nas funcións de orde pública e seguridade cidadá, quedando a Garda Civil e a Policía Nacional dedicadas a combateren o terrorismo, a inmigración ilegal e algunhas outras funcións que son da súa exclusiva competencia. Este proceso de substitución culminará no 2008.

Dende o 1 de novembro do 2005, os Mossos d'Esquadra teñen a plena competencia na cidade de Barcelona e desde 2008 en toda Cataluña.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]