Mosonmagyaróvár

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Castelo de Mosonmagyaróvár

Mosonmagyaróvár (en alemán, Ungarisch-Altenburg, en latín, Ad Flexum) é unha localidade do noroeste de Hungría, no condado de Győr-Moson-Sopron. A vila áchase próxima a fronteira con Eslovaquia e Austria e tiña unha poboación de 30,200 habitantes no 2004.

Mosonmagyaróvár é a unión das vilas de Magyaróvár e Moson (alemán: Wieselburg). A vila de Moson foi a capital orixinal do Condado de Moson no Reino de Hungría, mais a capitalidade trasladouse para Magyaróvár na Idade Media. As dúas vilas fusionáronse en 1939. Debido á largura do seu nome sóese referirse á vila como Móvár ou Moson.


Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]