Moshé Feldenkrais

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Moshé Picas Feldenkrais (Slavuta, Imperio Ruso, 6 de maio de 1904 - Tel Aviv, Israel, 1 de xullo de 1984) foi un científico (físico e doutor en ciencias) israelí.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Na súa adolescencia emigrou a Palestina.

Vivir en Palestina e ser xudeu significaba moitas veces a necesidade de defenderse en loitas ou pelexas de vida ou morte. Desenvolveu movementos de autodefensa e escribiu un pequeno libro ensinando técnicas de defensa en ataques con coitelo.

Anos máis tarde, en París, por causa de escribir o libro, coñeceu ao mestre xaponés Jigoro Kano. Este introduciuno no Judo e Feldenkrais converteuse no primeiro europeo en obter o cinto negro, segundo Dan en 1933. Fundou o primeiro club de Judo de Francia por pedido de Kano e escribiu varios libros sobre o tema.

En París, onde residiu a partir de 1928, graduose como físico e enxeñeiro mecánico e electrónico e obtivo o seu doutoramento na Sorbona de Paris, mentres traballa no laboratorio Jean Frédéric Joliot-Curie nas primeiras investigacións nucleares. En 1951 Feldenkrais regresou a Israel, onde traballou como director do departamento electrónico do exercito israelí e no Instituto Weizmann como profesor de Física. En 1954 comezou a dedicarse exclusivamente a un tema: como desenvolver a capacidade humana de aprendizaxe ou como el o chamaba: "aprender a aprender". Respecto diso declararía anos máis tarde aos seus alumnos:

  • "Vou ser o voso último profesor. Non porque vaia ser o mellor que xamais atopedes, senón porque ides aprender a aprender. Cando o aprendades darédesvos conta de que non hai profesores, que só hai persoas que aprenden e persoas que aprenden a facilitar a aprendizaxe".

Feldenkrais estudou a relación que existe entre o movemento corporal e o xeito de pensar, sentir, aprender e actuar no mundo, establecendo as bases do método de "Autoconciencia polo movemento" e "Integración funcional", que hoxe en día leva o seu nome "o Método Feldenkrais". Este é un sistema único de educación somática, que explora novos patróns de movementos e acrecenta a facilidade e o pracer de moverse ao expandir a autoconciencia. É moi interesante a súa definición de saúde:

  • ..."a saúde mídese polo shock (o impacto) que unha persoa poida recibir sen comprometer o seu sistema de vida. Así, o sistema de vida convértese en criterio de saúde, ... unha persoa sa é aquela que pode vivir os seus soños non confesados plenamente."

Os seus pensamentos e traballos estan contidos nos seus libros e en numerosos artigos, conferencias e entrevistas.

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Traducidos ao castelán:

  • Autoconciencia por el movimiento – Exercicios para o desenvolvemento persoal. Bos Aires, Paidós, 1980.
  • La dificultad de ver lo obvio. Bos Aires/Barcelona/México: Paidós, 1991.
  • El poder del yo – A autotransformación a través da espontaneidade. Barcelona/Buenos Aires, Paidós, 1993.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]