Morte teórica de información

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A morte teórica de información é a destrución da información contida dentro dun cerebro humano (ou calquera estrutura cognitiva capaz de constituír unha persoa) a tal punto que a recuperación da persoa orixinal é teoricamente imposible, por calquera medio físico.

Historia e características[editar | editar a fonte]

O concepto de morte teórica de información xurdiu na década de 1990, en resposta ao problema que co avance da tecnoloxía médica, as condicións anteriormente consideradas como morte, como parada cardíaca, convertéronse en reversibles e xa non son máis consideradas como tal.

A "morte teórica de información" pretende significar morte que é absolutamente irreversible por calquera tecnoloxía, distinguíndose de morte clínica e morte legal, que denota limitacións para o contexto da asistencia médica dispoñible, no canto das verdadeiras limitacións teóricas de supervivencia. En particular, a perspectiva de reparación do cerebro usando nanotecnoloxía molecular, levanta a posibilidade de que a medicina poida un día ser capaz de reanimar pacientes, mesmo horas despois de pararse o corazón. O termo "teórico de información" é usado no sentido de teoría da información.

Ralph Merkle en Molecular Repair of the Brain[1] definiu morte teórica de información como a seguinte:

Unha persoa está morta de acordo co criterio teórico de información se as súas memorias, personalidade, esperanzas, soños etc. tiveren sido destruídos no sentido teórico da información. É dicir, se as estruturas do cerebro que codifican a memoria e personalidade foran tan danificadas que, en principio, non é posible restauralas a un estado funcional adecuado, entón a persoa está morta. Se as estruturas que codifican a memoria e personalidade estiveren suficientemente intactas, ata o punto de que a inferencia da memoria e personalidade foran viables, e por tanto, a restauración a un estado funcional apropiado fora igualmente viábel, entón, en principio, a persoa non está morta.

O momento exacto da morte teórica de información é actualmente descoñecido. Especúlase que ocorra gradualmente tras varias horas de morte clínica á temperatura ambiente, a medida que o cerebro sofre autólise. Tamén pode ocorrer máis rapidamente se non houber fluxo sanguíneo para o cerebro durante o soporte á vida, conducindo a un estado de descomposición do cerebro morte cerebral, ou durante a progresión de doenzas cerebrais dexenerativas que causan unha perda extensiva da estrutura cerebral.

A "morte teórica de información" tamén xorde no contexto da criónica, que pode ser vista como o uso da criopreservación para tentar evitar a morte teórica de información. O uso do criterio teórico de información formouse en base a argumentos éticos que afirman que a criónica é un intento de salvar vidas no canto de ser un método de enterro para os mortos. En contraste, se a criónica non pode ser aplicada antes de que a morte teórica de información ocorra, ou se o procedemento de criopreservación en si causa morte teórica de información, entón a criónica non é viable.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]