Mortal Kombat (filme)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mortal Kombat
Título orixinal Mortal Kombat
[[Ficheiro:|200px| ]]
Ficha técnica
Director Paul W. S. Anderson
Produtor Lauri Apelian
Lawrence Kasanoff
Guión Kevin Droney
Baseado en Mortal Kombat de Ed Boon e John Tobias
Intérpretes Robin Shou
Linden Ashby
Cary-Hiroyuki Tagawa
Bridgette Wilson
Talisa Soto
Christopher Lambert
Música George S. Clinton
Fotografía John R. Leonetti
Montaxe Martin Hunter
Estudio Threshold Entertainment
Midway Games
Distribuidor New Line Cinema
Ano 1995
Duración 101 minutos
País Estados Unidos de América Estados Unidos
Xénero Acción
Orzamento $18.000.000
Recadación {{{recadación}}}
Filme anterior
Filme seguinte Mortal Kombat: Aniquilación
Ficha en IMDb

Mortal Kombat é un filme estadounidense dirixido por Paul W. S. Anderson que foi estreado en 1995. Está baseado na serie de videoxogos Mortal Kombat, sendo o primeiro filme da serie.

Argumento[editar | editar a fonte]

Durante nove xeracións, Shang Tsung, un bruxo malvado, levou a un poderoso príncipe á vitoria contra os seus mortais inimigos. Se vence o décimo torneo Mortal Kombat, a desolación e o mal que floreceron no mundo exterior reinarán a terra por sempre.

Personaxes[editar | editar a fonte]

  • Robin Shou como Liu Kang, un monxe shaolin. Entra no torneo de Mortal Kombat para vingar a morte do seu irmán.
  • Linden Ashby como Johnny Cage (dobres de acción Brad Martin e J.J. Perry), unha estrela de Hollywood que entra no torneo para probarlle ó mundo que as súas habilidades na loita son reais.
  • Bridgette Wilson como Sonya Blade, unha axente da lei en persecución do criminal que matou ó seu compañeiro.
  • Christopher Lambert como Rayden, deus do trono e protector de Earthrealm que guía os guerreiros na súa xornada.
  • Trevor Goddard como Kano, un mercenario que xuntou forzas con Shang Tsung.
  • Talisa Soto como Princesa Kitana (dobre de acción, Dana Hee), a afillada do emperador, que decide axudar os guerreiros da Terra.
  • Cary-Hiroyuki Tagawa como Shang Tsung, un poderoso e malvado mago.
  • François Petit como Sub-Zero (dobre de acción, Mark Caso), un dos guerreiros de Shang Tsung. Como o seu nome suxire, el posuía a habilidade de conxelar ós adversarios. A rivalidade entre Sub-Zero e Scorpion só é mencionada por Shang Tsung no inicio da película.
  • Chris Casamassa como Scorpion (dobres de acción, Mitchell Gaylord e Jeff Imada), un dos guerreiros de Shang Tsung.
  • Keith H. Cooke como Reptile, unha criatura que está ó servizo de Shang Tsung. A forma de lagarto foi creada con imaxes xeradas por ordenador, mentres que a forma humana do personaxe é interpretado por Keith Cooke.[1] Os efectos vocais do réptil son proporcionados por Frank Welker.
  • Kevin Michael Richardson como Goro, o invicto campión de Mortal Kombat. Os seus efectos vocais son proporcionados por Frank Welker.
  • Gregory McKinney como Jax, compañeiro de Sonya no inicio da película.
  • Frank Welker como Shao Kahn, Emperador do outro mundo. (Welker also voiced Reptile and Goro.)
  • Steven Ho como Chan Kang, irmán de Liu Kang que foi asasinado por Shang Tsung.

Peter Jason aparece como Master Boyd. Outor artistas mariciais que saen nos créditos son Kenneth Edwards e Hakim Alston.

Galardóns e nomeamentos[editar | editar a fonte]

  • 1995: Festival de Sitges: Sección oficial longametraxes a concurso.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Goldman, Michael and Aaron, Richard E. (1995). Mortal Kombat: The Movie Behind the Scenes. Prima Games. ISBN 0-7615-0082-0. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]