Moris
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mauricio "Moris" Birabent, nado en Bos Aires o 19 de novembro de 1942 é un músico de rock arxentino.
Traxectoria [editar]
Moris fundou Los Beatniks cos cales gravou o primeiro single do rock arxentino, "Rebelde", e compuxo "Ayer nomás" que foi popularizado por Los Gatos. En 1970 editou o seu primeiro disco 30 minutos de vida con cancións compostas entre 1967 e 1970.
En 1973 editou o seu segundo álbum, Ciudad de guitarras callejeras, e en 1975 emigró a España onde se fixo coñecer coa súa versión do tema de Carl Perkins "Zapatos de gamuza azul" ("Blue Suede Shoes")que formaba parte do seu LP Fiebre de Viviro a súa obra máis coñecida en España.
Hoxe, o seu fillo, o cantautor arxentino Antonio Birabent, segue a súa pegada artística.
Discografía [editar]
- 30 Minutos de Vida (1970)
- Ciudad de Guitarras Callejeras (1973)
- Fiebre de Vivir (1979)
- Mundo Moderno (1980)
- Las Obras de Moris (1981)
- ¿Dónde están las Canciones? (1982)
- Sr Rock, Presente (1985)
- Sur y Después (1995)
- Cintas Secretas (2005)