Morcego rabudo
| Morcego rabudo | |||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Estado de conservación | |||||||||||||||||||
| Clasificación científica | |||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||
| Nome binomial | |||||||||||||||||||
| Tadarida teniotis Rafinesque, 1814. |
|||||||||||||||||||
|
Mapa de distribución de T. teniotis.
|
|||||||||||||||||||
| Subespecies | |||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||
| Sinonimia | |||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||
O morcego rabudo (Tadarida teniotis) é unha especie de morcego microquiróptero da familia Molossidae.
É un morcego de gran tamaño e ás longas e estreitas, coa cabeza típica do xénero Tadarida, con orellas ríxidas proxectadas cara adiante. A cola sobresae por fóra da membrana caudal e se retrae no uropataxio cando está en voo.
A cor do pelo é moi variable dende o pardo ao gris claro, algúns exemplares presentan áreas canosas. As femias son lixeiramente máis grandes. Miden entre 57 e 64 milímetros e o seu peso atópase entre os 22 a 54 gramos. A súa fórmula dentaria é
.
Mostran unha gran variedade de chamadas sociais, tanto dende os refuxios como en voo, con exhibicións sonoras dos machos dominantes e fortes emisións durante as persecucións aéreas. Emite entre 9 e 15 kHZ, sendo audible para o oído humano.
Índice |
Distribución [editar]
Ocupa unha estreita franxa latitudinal circunmediterránea, que abrangue o sur de Europa e norte de África, Afganistán, China e Corea, chegando até Xapón e a illa de Flores (Indonesia). En Europa distribúese pola rexión Mediterránea, España, sueste de Francia, sur de Suíza, Italia e costas adriáticas até Grecia, incluíndo Madeira, Canarias e as illas mediterráneas.
Hábitat [editar]
Os refuxios localízanse en farallóns rochosos, cantís mariños e estruturas artificiais como pontes ou edificios. Aliméntanse por riba de núcleos habitados e espazos abertos nun amplo rango altitudeinal, observóuselles alimentándose a gran altura (de 200 a 300 metros) nas cidades. Atópase dende o nivel do mar até os 2.300 m de altitude.
Ameazas [editar]
Como ocorre a boa parte dos quirópteros e segundo os hábitats que ocupan, as molestias causadas aos veciños das construcións que habitan, provocan a expulsión ou fumigación das colonias, así como a reparación destes edificios taponando as fisuras onde aniñan. O descenso nas poboacións de lepidópteros nocturnos, que constitúen o seu alimento máis importante, tamén afecta á especie. O seu voo alto e veloz, con grandes desprazamentos en busca de alimento, fanlle candidato ao choque coas pas dos parques eólicos.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- (en castelán) Tadarida teniotis no Atlas da biodiversidade do Ministerio de Medio Ambiente de España (MMA). Arquivo en pdf. 02/01/2012.
- (en inglés) Mammal Species of the World: Tadarida teniotis en WILSON, D. E.; REEDER, D. M. (eds.): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference. 3ª ed. Johns Hopkins University Press. Baltimore. 2005. 02/01/2012.
- Tadarida teniotis (como Nyctinomus taeniotis) en "Fauna ibérica; mamíferos". Ángel Cabrera Latorre. 1914. Facsímile electrónico.