Morcego pequeno de ferradura
| Morcego pequeno de ferradura | |||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Estado de conservación | |||||||||||||||||||||
| Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||
| Nome binomial | |||||||||||||||||||||
| Rhinolophus hipposideros (Beschstein, 1800) |
|||||||||||||||||||||
|
Mapa de distribución
|
|||||||||||||||||||||
| Subespecies | |||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||
O morcego pequeno de ferradura (Rhinolophus hipposideros) é a especie máis pequena do xénero Rhinolophus da rexión Paleártica; confúndeselle doadamante co Rhinolophus mehelyi e Rhinolophus euryale. Ten orellas grandes, cunha coloración dorsal parda máis ou menos escura e a parte ventral algo máis clara. As orellas e membranas alares sempre son máis escuras que o pelo do dorso. En estado de repouso envólvese totalmente coa membrana alar.
- Talla - corpo de 3,7 a 4,5 cm.
- Envergadura - 19,2 a 29,5 cm.
- Peso - de 4 a 7 g.
- Voo - Altura media (4 a 5 m).
Índice |
[editar] Distribución
É unha especie paleártica, que se estende lonxitudinalmente dende Irlanda, polo oeste, ata Cachemira polo leste. Ten unha ampla distribución latitudinal, que abarca dende as zonas montañosas de Etiopía e Sudán, ata o sur de Alemaña e Polonia.
[editar] Hábitat
É de marcado carácter cavernícola, prefire áreas de cuberta vexetal arbustiva e arbórea, con presenza de augas superficiais. É capaz de ocupar altitudes moi amplas, con limite superior de 2.000 metros.
A reprodución prodúcese en colonias maioritariamente de femias. Teñen unha soa cría anual e as femias son fértiles dende os dous anos.
Aliméntanse principalmente de dípteros e nematóceros, aínda que en ocasións capturan presas sobre o chan.
[editar] Ameazas
Como a todas as especies de morcegos, as ameazas máis comúns son a destrución do hábitat e o uso indiscriminado de pesticidas agrícolas e forestais.