Morcego grande de ferradura
| Morcego grande de ferradura | |||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Rhinolophus ferrumequinum |
|||||||||||||||||||||
| Estado de conservación | |||||||||||||||||||||
| Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||
| Nome binomial | |||||||||||||||||||||
| Rhinolophus ferrumequinum (Schreber, 1774) |
|||||||||||||||||||||
| Nome trinomial | |||||||||||||||||||||
| Rhinolophus ferrumequinum ferrumequinum (Schreber, 1774) |
|||||||||||||||||||||
| Subespecies | |||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||
| Sinonimia | |||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||
O morcego grande de ferradura (Rhinolophus ferrumequinum) é unha especie de morcego propio do sur da rexión Paleártica. É o representante do xénero Rhinolophus de maior tamaño de Europa, é unha das especies máis espalladas; prefire os hábitat boscosos aos biotopos abertos. Como todos os Rhinolophus emite os ultrasons, polo nariz e non pola boca como o resto da suborde dos microquirópteros.
Índice |
Distribución[editar]
Preséntase por todo o sur da rexión Paleártica, dende a Península Ibérica e Marrocos ata o Xapón, o límite setentrional europeo atópase ao sur de Gran Bretaña e o oriental en Grecia.
Hábitat[editar]
Emprega refuxios de variada natureza, comúnmente subterráneos durante o inverno, mentres que durante a época de actividade, en faiados, adegas e cavidades. As áreas de caza localízanse entre 200 e 1000 metros do seu refuxio. Para cazar empregan "perchas" ou posadeiros nocturnos, onde permanecen pendurados ata localizar unha presa. Distribúese dende o nivel do mar ata os 1600 metros de altitude.
É unha especie gregaria, forma colonias de ata novecentos individuos, sedentaria con gran fidelidade polos refuxios que reúnen condicións axeitadas para a cría e hibernación.
Ameazas[editar]
Polo seu marcado gregarismo e a baixa capacidade de rexeneración, unha soa cría anual, as perturbacións ou destrución das colonias de cría e hibernada, adoitan ser catastróficas, con perdidas elevadas de especímes. O emprego masivo e indiscriminado de insecticidas forestais, (en Israel a fumigación masiva de covas para combater a Rousettus aegyptiacus levoulle ao bordo da extinción) e a transformación do hábitat. Todas estas circunstancias favorecen a súa xeralizada regresión.
Galería[editar]
Ligazóns externas[editar]
- Rhinolophus ferrumequinum Atlas da biodiversidade do Ministerio de Medio Ambiente (MMA). Arquivo en pdf.
- (en) Rhinolophus ferrumequinun, en Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (editors). 2005. Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed).