Moraxeláceas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Moraxellaceae
Acinetobacter baumannii
Acinetobacter baumannii
Clasificación científica
Reino: Bacteria
Filo: Proteobacteria
Clase: Gammaproteobacteria
Orde: Pseudomonadales
Familia: Moraxellaceae
Rossau et al. 1991
Xéneros

Acinetobacter
Alkanindiges
Branhamella
Enhydrobacter
Moraxella
Paraperlucidibaca
Perlucidibaca
Psychrobacter

As Moraxeláceas (Moraxellaceae) Rossau et al. 1991 é unha familia de Gammaproteobacteria que comprende maioritariamente bacterias que viven no solo e nas augas naturais[1]. Malia a predominancia de especies de vida libre, existen nesta familia outras que son parasitas, en xeral inofensivas, das mucosas dos mamíferos, incluíndo os seres humanos. Algunhas especies son patóxenas[2], entre as cales están Moraxella catarrhalis, patóxena para os humanos e Moraxella bovis, axente causante da doenza dos ollos vermellos ou rosas do gando bovino (queratoconxuntivite infecciosa bovina, máis coñecida por IBK[3])[2], e Acinetobacter baumannii pode causar infeccións hospitalarias en pacientes debilitados.

As bacterias desta familia son Gram negativas, aeróbicas, quimioheterótrofas e mesófilas ou psicrófilas (viven a baixas temperaturas), e en xeral considéranse bacterias psicrotróficas (especialmente as do xénero Psychrobacter). Son bacilos ou cocos catalase positivos.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]