Moravia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Moravia - Morava")
Bandeira de Moravia
Moravia en relación á República Checa

Moravia (Morava en checo e eslovaco) é unha das tres partes que conforman a República Checa, xunto con Bohemia e a Silesia checa. Limita ó O con Bohemia, ó S con Austria (estado de Baixa Austria), ó SL, L e NL coas rexións eslovacas de Trnava, Trenc(ín e Žilina respectivamente, ó NL e N coa Silesia checa, e ó N coa Silesia polaca.

O seu nome vén do río Morava, preto do cal se estableceu un grupo de eslavos pouco antes do ano 600. Os habitantes de Moravia falan diversos dialectos do checo.

Actualmente Moravia está dividida nas rexións de Moravia Meridional, Zlín, e parte das rexións de Moravia-Silesia, Olomouc, Pardubice, Vysoc(ina e Bohemia Meridional. A súa capital e principal cidade é Brno.


Historia[editar | editar a fonte]

Poboada polos moravos, un pobo eslavo, dende o século V. A finais do século VI foi invadida polos ávaros, que estableceron un imperio entre o Elba e o Dniéper.Tras varios intentos de se desembarazar do xugo ávaro, estes son finalmente derrotados por Carlomagno a fins do século VII, e Moravia pasa a ser tributaria do Imperio Franco. A principios do século IX Mojmir crea o Reino de Moravia, que se converterá, baixo os seus sucesores Rotislav e Svatopluk (rei entre 870-894), no Grande Imperio Moravo ou Gran Moravia, incluíndo a Moravia, Bohemia, Eslovaquia, o sur de Polonia e o oeste de Hungría. Nese período prodúcese a conversión ó cristianismo do territorio. No 863 arriban os monxes Cirilo e Metodio, enviados polo emperador de Bizancio, quen adaptan a liturxia da Igrexa Ortodoxa Grega ó idioma eslavo e fan oficial o alfabeto cirílico en todo o reino.

Tras ser derrotado polos maxiares no ano 906, os reinos veciños disputáronse Moravia. A partir do século XI, Moravia uniuse a Bohemia e en 1526 ambas quedaron baixo o dominio dos Habsburgo, introduciuse unha minoría de lingua alemá que no século XIX constituía o 29% da poboación.



 
Rexións históricas na actual República Checa
Flag of the Czech Republic.svg
CZ-cleneni-Cechy-wl.png CZ-cleneni-Morava-wl.png CZ-cleneni-Slezsko-wl.png
Bohemia Moravia Silesia
Flag of Bohemia.svg Flag of Moravia.svg Flag of Czech Silesia.svg