Atol Morane

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Morane»)
Morane
Atol
Datos
País Francia
Illa principal
Linguas
Poboación (2009) Deshabitado
Superficie 2 km²
Superficie lagoa 11 km²
Nº de illas
Coordenadas 23°10′S 137°8′O / -23.167, -137.133
Maior Altura
Localización
Localización do atol

Morane é un atol situado no extremo sur das Tuamotu, a 110 km ao oeste de Mangareva. Administrativamente depende da comuna de Gambier.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Está formado por unha lagoa pechada, de 11 km², e tres illotes con cocos e Pandanus cunha superficie de 2 km². Esta deshabitado e é visitado ocasionalmente polas plantacións de cocos.

Historia[editar | editar a fonte]

Foi descuberto en 1822, polo capitán estadounidense Nathaniel Cary do baleeiro Gideon Barstow e chamouno Barstow's Island. Historicamente tamén se chamou Cadmus.