Morónidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Unha robaliza.

Os morónidos (Moronidae) son unha familia de peixes mariños incluída na orde dos Perciformes. Están distribuídos por augas costeiras mariñas de Norteamérica (Atlántico e golfo de México), Europa (incluíndo o mar Mediterráneo) e norte de África.

Características[editar | editar a fonte]

De corpo medianamente alargado, algunhas especies poden superar amplamente a lonxitude dun metro. A liña lateral esténdese ó longo de todo o corpo, ata alcanzar a caudal. Opérculo con dúas espiñas.

Dúas aletas dorsais, a primeira con 8 a 10 espiñas e a segunda cunha espiña e 10-13 radios brandos; anal con tres espiñas e 9-12 radios brandos.

Son moi apreciados na pesca deportiva.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Comprende dous xéneros e seis especies:

  • Xénero Dicentrarchus
  • Xénero Morone
    • Morone americana (Gmelin, 1789)
    • Morone chrysops (Rafinesque, 1820)
    • Morone mississippiensis
    • Morone saxatilis (Walbaum, 1792)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]