Moorea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Moorea
Vista da illa
Moorea ISS006.jpg
Datos
Capital Afareaitu
País Francia
Localización Océano Pacífico
Arquipélago Illas da Sociedade
Linguas
Poboación (2007) 16.191 hab.
Superficie 134 km²
Densidade 121 hab/km²
Coordenadas 17°32′S 149°50′W / 17.533°S 149.833°W / -17.533; -149.833
Maior Altura 1.207 m. Monte Tohivea
Localización
Localización  da illa

Moorea (Mo´orea en tahitiano normalizado) é unha illa volcánica do arquipélago da Sociedade na Polinesia Francesa. A tan só 17 km ao noroeste de Tahití é denominada ás veces como «a illa irmá».

O nome de Moorea quere dicir 'lagarto dourado'. Unha lenda explica que un lagarto xigante partiu coa cola as dúas baías ao norte. Estas baías son as de Opunohu e a de Cook ou Paopao. Curiosamente James Cook en 1777, ancorou na baía de Opunohu e non á de Paopao. O miradoiro de Belvedere (ou Roto Nui) é un punto de atracción con espléndidas vistas ás dúas baías.

Historia[editar | editar a fonte]

O nome histórico é Aimeho, ou Eimeo, que quere dicir 'refuxio'. A proximidade con Tahití facía que se utilizase como refuxio para os guerreiros derrotados. Un exiliado foi o rei Pomare II que en 1808 instalouse durante sete anos logo da revolta provocada ao intentar establecer un reino absolutista. Hoxe en día continua sendo un refuxio de fin de semana para os que queren fuxir da capital Papeete.

Para Samuel Wallis (1767) foi a illa de York, e para o español Domingo Boenechea (1772) a illa de Santo Domingo. Foi George Vancouver, en 1791, quen a chamou Morea, aínda que só era o nome dun dos distritos, acabou aplicandose a toda a illa.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A superficie total é de 133,5 km², e a altitude máxima é de 1.207 m no Monte Tohiea. A illa ten un perfil montañoso, coas súas vertentes cubertas de plantacións de ananás, aguacates e pomelos. Ademais das dúas grande baías, ten oito vales que forman unha estrela. Outra lenda di que a illa é un polbo. Ao redor está rodeada dunha lagoa con praias de area.

Este perfil rochoso e escarpado, presente constantmente a poñente de Tahití, fixo que o escritor norteamericano William Sommerset Maugham, no libro The Moon and Sixpence (1919), describísea como unha Montserrat do Pacífico.

A illa ten 16.191 habitantes no censo do 2007, distribuídos nas comunas asociadas de Afareaitu, Haapiti, Paopao, Papetoai e Teavaro. Xunto con Maiao forma a comuna de Moorea-Maiao.






Vista panoramica da Baía de Cook có monte Mouaputa (esquerda), o monte Mouaroa, tamén coñecido como Monte Bali Hai (centro) e o monte Rotui (dereita), Moorea, Polinesia Francesa (outubro 2008)