Monzón, España
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Monzón é unha cidade española e un concello da provincia de Huesca, situado na comarca do Cinca Medio. A súa poboación é de 17.050 habitantes en 2008, sobre unha superficie de 155 km².
Índice |
[editar] Xeografía
A localidade de Monzón érguese xunto dos ríos Cinca e Sosa, baixo un castelo, que se levanta no alto dun outeiro. Monzón está atravesado pola estrada N-240 e máis polo camiño de ferro Madrid - Barcelona. Posúe importantes industrias quimicas.
[editar] Historia
A cidade espallouse baixo o amparo do castelo, que a domina desde o alto.
Na época de dominación musulmá se disputaban Monzón os Banu Sabrit de Huesca e os Banu Qasi de Lleida. No século XI pertenecía á liñaxe dos Banu Hud, sosténdose que foi tomada polo Cid en 1083. Aos cristiáns compríalles conquistar Monzón para cortar as comunicacións entre os reinos taifas de Zaragoza e Lleida.
O infante Pedro tomou Monzón en 1089, cando aínda reinaba seu pai Sancho Ramírez de Aragón. Sancho Ramírez creou entón o Reino de Monzón para o infante, o futuro Pedro I, antes de que fose rei de Aragón. En 1143 pasou a pertencer aos templarios.
Durante a Guerra de Cataluña, no reinado de Filipe IV de España, foi tomado no 1642 polas tropas franco-catalanas, dirixidas por Philippe de La Motte Houdancourt. No ano seguinte polas tropas castelás de Felipe da Silva.
[editar] Nome
Tense sostido que provén de Monte de Sión, nome que serviría para ilustrar as relacións dos templario e as cruzadas en Terra Santa. Porén o nome é anterior a eles. Como outras localidades de Portugal, Italia ou Francia, Monzón provén do latín *montione(m), un aumentativo / afectivo de monte(m), acusativo de mons, montis "monte", posibelmente en alusión ao outeiro0 sobre o que se ergue a fortaleza da localidade
[editar] Monumentos
Destacan, sobretodo:
- O castelo costruído polos templarios, sobre unha fortaleza anterior árabe.
- Catedral de Santa María do Romeral, dos séculos XII e XIII.
- Convento de Sant Francisco, habitado até 1835 (actualmente é a sede do Conservatorio Profesional e máis do auditorio de Monzón).
- Ermida da virxe da Alegría, do século XVII.
- Casa do Concello, dos séculos XVI-XVII.
- Porta de Luzán.
- Muralla romànica.
[editar] Festas
- San Mateo (Festas Maiores), o 21 de setembro.
- Luns de Pascoa, romaría na ermida de Nosa Señora do Enfuelgo.
[editar] Personalidades orixinarias de Monzón
- Ignacio de Luzán (1702–1754), ilustrado do XVIII, autor dunha "Poética".
- José Mor de Fuentes (1762-1848), enxeñeiro naval y escritor.
- Joaquín Costa y Martínez (1846–1911): intelectual e reformador.
- Javier Moracho, ex-atleta.
- Conchita Martínez (n. 1972), tenista.

