Montserrat Roig

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Montserrat Roig i Fransitorra
Montserrat Roig.jpg
Retrato de Montserrat Roig
Datos persoais
Nacemento 13 de xuño de 1946
Lugar Barcelona
Falecemento 10 de novembro de 1991
Lugar Barcelona
Soterrado {{{soterrado}}}
Soterrada {{{soterrada}}}
Residencia {{{residencia}}}
Nacionalidade {{{nacionalidade}}}
Cónxuxe {{{cónxuxe}}}
Fillos {{{fillos}}}
Relixión {{{relixión}}}
Actividade
Lingua {{{lingua}}}
Lingua lingua catalá
Período {{{período}}}
Movemento {{{movemento}}}
Xéneros Novela, narrativa breve, ensaio, teatro
Princ. obras {{{obras}}}
Alma mater {{{alma_mater}}}
Estudos {{{estudos}}}
Ocupación {{{ocupación}}}
Profesión {{{profesión}}}
Organización {{{organización}}}
Cargos {{{cargos}}}
[[Ficheiro:|centro|]]
{{{web}}}

{{{notas}}}

Montserrat Roig i Fransitorra, nada en Barcelona o 13 de xuño de 1946 e finada o 10 de novembro de 1991, foi unha escritora en catalán de novelas, contos, reportaxes e artigos xornalísticos. Presentou e dirixiu diversos programas de televisión, medio no que destacou como entrevistadora de escritores de xeracións precedentes.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu o 13 de xuño de 1946 en Barcelona, no seo dunha familia burguesa liberal da dereita do Eixample. O seu pai, Tomàs Roig i Llop, foi avogado e escritor.

Desde ben nova participou nos movementos de protesta estudantís que se facían nos derradeiros tempos do franquismo en Barcelona. No ano 1968 licenciouse en filosofía e letras, e doutorouse en 1970. Foi tamén lectora de castelán en Bristol o curso 1972-1973. A partir do 1971 –ano no que gaña o premi Víctor Català coa compilación de relatos Molta roba i poc sabó... i tan neta que la volen– dedícase profesionalmente á literatura; inicia un ciclo novelístico que comprende obras como Ramona adéu (1972), que retrata tres xeracións de mulleres, avoa, nai e filla que viven as súas historias persoais coa profundidade dos momentos claves da historia do seu país, ou El temps de les cireres (1977), obra protagonizada polos mesmos personaxes coa que Roig obtén o premi Sant Jordi de novel·la de 1976.

Tamén destaca o seu traballo como xornalista, desde o que manifesta a súa vontade por construír unha tradición de xornalismo culto, feminista e coa vontade de recuperar a memoria histórica do seu país. Roig conseguiu unha gran popularidade coas entrevistas, que posteriormente publica na serie de libros coñecida como Retrats paral·lels (1975 i 1976). Outra obra de grande eco foi Els catalans als camps nazis (1977), premi Crítica Serra d'Or e documento excepcional de testemuño. No 1977 entra como xornalista na canle catalá de Televisión Española, onde realiza un programa de entrevistas, Personatges, que tamén dá nome a unha serie de dous libros nos que publica as conversas.

L'hora violeta (1980) é a novela que culmina o seu posicionamento feminista. A partir de aquí, as súas novelas collen un cariz diferente: máis tarde publica L'òpera quotidiana (1982), La veu melodiosa (1987) e a compilación de contos El cant de la joventut (1989). De entre as súas obras máis premiadas tamén destacan L'agulla daurada (premi Nacional de Literatura Catalana de 1985), escrito a partir dunha estadía de dous meses da autora en Leningrado e que testemuña o asedio que sufriu a cidade por parte dos nazis durante a Segunda Guerra Mundial. A súa derradeira publicación é Digues que m'estimes encara que sigui mentida (1991), na que a autora confire unha poética persoal a modo de testamento literario.

Montserrat Roig foi membro da Associació d'Escriptors en Llengua Catalana e vicepresidenta da Junta Territorial del Principat de Catalunya (1989-1990). Morreu en Barcelona no ano 1991, vítima dun cancro de mama.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Molta roba i poc sabó... i tan neta que la volen, 1970.
  • Ramona, adéu, 1972.
  • El temps de les cireres, 1977.
  • Els catalans als camps nazis, 1977.
  • L'hora violeta, 1980.
  • ¿Tiempo de mujer?, 1980.
  • L'Òpera quotidiana, 1982.
  • L'agulla daurada, premi Nacional de Literatura Catalana (1986), 1985.
  • La veu melodiosa, 1987.
  • El cant de la joventut, 1989.
  • Reivindicació de la senyora Clito Mestres (teatro), 1990.
  • Digues que m'estimes encara que sigui mentida, 1991.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]