Montreux Hockey Club

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Montreux HC»)
Montreux HC
CidadeMontreux, Vaud
Suíza Suíza
Historia1911
Fundado1911
PavillónSalle du Pierrier
PresidenteSuíza Mathieu Quartier
AdestradorSuíza Steve Mercanton
CompeticiónLNA Suíza
Títulos
LNA suíza48 (1914, 1925-1941, 1943-1955, 1957-1961, 1963-1966, 1969, 1975, 1976, 1982-1984, 1986, 1987)
Copa suíza15 (1958, 1960, 1961, 1963-1965, 1969-1972, 1975, 1978, 1980, 1981, 1984)
Copa das Nacións4 (1921, 1922, 1934, 1941)
Cores          Azul e amarelo
Na rede
http://www.montreuxhc.ch

O Montreux Hockey Club é un equipo suízo de hóckey a patíns da localidade de Montreux, que actualmente compite na LNA. É o club máis antigo deste deporte en Suíza, sendo fundado en 1911, e o máis laureado con 48 ligas e 15 copas nacionais. No campo europeo o mellor resultado obtido foi na Recopa de Europa da tempada 1981-82, cando o equipo chegou ás semifinais, caendo fronte ao Sporting CP portugués.

Historia[editar | editar a fonte]

O club naceu cando uns amigos en 1910, coa apertura do Pavillón de Deportes de Montreux Palace, decidiu crear un club de hóckey a patíns.

A través de subidas e baixadas, o Montreux HC fixo o seu camiño con rapidez e logrou crear un lugar á luz grazas aos contactos cos equipos de París, Stuttgart, Londres, Milán e Lión. Mesmo logrou convencer aos amigos de Lucerna e Xenebra, deixando de lado o stick longo e o disco do hóckey sobre xeo (que foron os primeiros instrumentos para xogar nun inicio) para empregar un pau máis curto e unha bóla.

En 1924 en Montreux, foi fundada baixo a dirección de Fredy Renkewitz e amigos, a Federación Internacional de Hóckey a Patíns, da que segue sendo presidente Frédy Renkewitz ata 1960.

Tamén en Montreux, o 1 de maio de 1925 coa iniciativa de Angeloni Nini, Frédy Renkewitz, Albert Meyer e Werner Zeltner, créase a Federación Suíza de Hóckey a Patíns con tres disciplinas: hóckey, carreiras e patinaxe artística. Logo se creou un torneo anual da Pascua de Montreaux, o Torneo das Nacións de Montreux.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Nacional[editar | editar a fonte]

Trofeos menores[editar | editar a fonte]

Competicións internacionais[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]