Montes de Toledo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Relevo da Península Ibérica

Os Montes de Toledo son unha formación orográfica sita na Península Ibérica, que separan a conca do Texo da do Guadiana. Constitúen ademais a linde setentrional da Mancha. Algúns autores coidan que este cordal se prolonga en Portugal a través da serra de San Mamede[1].

Os Montes de Toledo dan nome a unha comarca da provincia de Toledo e a outra da provincia de Cidade Real, que son confinantes.

Dimensións[editar | editar a fonte]

Teñen unha lonxitude máxima de leste a oeste duns 350 km e un ancho medio duns 50 km máximo (o ancho máximo alcanza arredor de 100 km nas proximidades de Sonseca e Puertollano). A súa cimeira sitúase na Serra de Guadalupe, onde se ergue a Villuerca Alta que chega a unha altura de 1.603 m.

Xeoloxía[editar | editar a fonte]

Trátase dunha estrutura rexuvenecida pola oroxenia alpina, pero a diferenza do Sistema Central, non están formados por bloques levantados e afundidos, senón que son un relevo apalachense, posto a descuberto pola intensa erosión que afectou a zona logo da oroxenia. Son, pois, crestóns cuarcíticos dunha altura uniforme, de arredor dos 1.400 metros, que non foron afectados pola erosión glacial.

Hidrografía[editar | editar a fonte]

Os Montes de Toledo son un foco de dispersión hidrográfica menor, do que parten rios como o río Algodor (95 km de longo e 1250 km² de conca) ou o Almonte ambos afluentes do Tahu pola esquerda e o río Amarguillo, tributario do Guadiana pola dereita.

Protección ambiental[editar | editar a fonte]

Na área dos Montes de Toledo inclúese a paraxe protexida do Parque Nacional de Cabañeros. Pero tamén existen algúns outros elementos paisaxísticos destacábeis nestes montes: os numerosos canchais.

Vista da vertente sur dos Montes de Toledo desde Puerto de Los Santos

.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Vilá Valentí, Juan, La Península Ibérica. Barcelona. Ariel. 1968, páx. 57