Montes Vascos
Montes vascos é a denominación dunha cordilleira situada no extremo setentrional da Península Ibérica. Son a parte máis oriental da Cordilleira Cantábrica, enlazando esta cos Pireneos. Esténdese por Euskadi e Navarra.
Divídese en dúas partes, unha setentrional e outra meridional, que son maioritariamente de natureza calcaria, aínda que tamén hai terreos de arenitas e outros materiais.
O cumio máis alto é o Aitxuri (1.551 msnm), no macizo do Aizkorri, que comprende un gran número de vales, e a unha multitude de pequenas comarcas. A parte setentrional comprende de oeste a leste o macizo Gorbea (cota máxima 1.482 msnm, a máis alta de Biscaia), serras de Elgea, Aizkorri e Urkilla (máxima altura Aratz con 1.442 msnm) e Aralar. Fronte a estas formacións atópanse aliñadas ao sur dispostas de oeste a leste os Montes de Iturrieta, Entzia, as serras Urbasa e Andía (cota máxima Beriáin con 1.493 msnm). Polo media áchase unha depresión de extensión decrecente segundo se aproxima á Burunda navarra, onde a distancia entre ambas partes dos Montes é a máis estreita. Son destacábeis os montes do Duranguesado, enormes moles de calcarios arrecifais que teñen ao Anboto (1.331 msnm) como máxima altitude.
As súas ladeiras son suaves, aínda que nos complexos calcarios abundan os barrancos e cortes na paisaxe, nos que habitan diferentes aves, entre elas moitos voitres. No macizo do Anboto, no desfiladeiro de Atzarte, encóntrase unha escola de escalada
| Este artigo ou sección precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros de texto ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
.
Abunda a vexetación correspondente ao clima húmido atlántico, con bosques de folla caduca, como carballos, faias, teixos, bidueiros, etc., e outros de folla perenne, como a aciñeira cantábrica e o pino insignis, este último introducido para a explotación madeireira.