Monterrey, México

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Imaxe do Cerro de la Silla na cidade de Monterrey.

Monterrey (en galego, Monterrei) é unha importante cidade da República Mexicana, a terceira do país, capital do estado de Nuevo León, no nordeste do país (539 m de altitude), e a uns oitocentos quilómetros ao norte do Distrito Federal. Ten unha poboación de seu de 1.600.894 (2005).

Tense convertido no século pasado nun importante centro industrial, comercial e cultural ao norte do país.