Montegiardino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
San Marino Montegiardino.png

Montegiardino é o máis pequeno dos castelli (concellos) de San Mariño. A súa superficie é de 3,31 km² e a poboación non supera os 800 habitantes. As súas orixes remóntanse á época dos lombardos. En 1476 pasou a formar parte da República de San Mariño.