Monte Porreiro, Mourente, Pontevedra
Coordenadas: 42°26′47″N 08°37′25″W / 42.44639°N 8.62361°W
| Monte Porreiro | |
|---|---|
| Igrexa parroquial | |
| Parroquia | Mourente |
| Concello | Pontevedra |
Monte Porreiro é un lugar da parroquia de Mourente. É un barrio urbano da cidade de Pontevedra, e é parroquia relixiosa de seu desde finais do século XX, sendo o seu patrón o Bo Pastor.
Este barrio está no noroeste da cidade e linda polo norte e o oeste co río Lérez e as rúas que o bordean, co leste coa parroquia de Mourente e co sur, co barrio da Seca.
Comezou a súa urbanización na década de 1970 coa construción duns chalés na rúa Reino Unido, á que seguiron modernas torres ladeira arriba. En 20 anos, aquilo pasou de ser uns campos de cultivo e pastos a unha cidade dormitorio moi preto do núcleo urbano.
A igrexa parroquial católica foi inaugurada por Julián Barrio o 9 de outubro de 2010. Moita veciñanza do barrio é de confesión evanxélica.
Índice |
Galería de imaxes[editar]
Véxase tamén[editar]
Outros artigos[editar]
Lugares e parroquias[editar]
Lugares de Mourente[editar]
| Lugares da parroquia de Mourente no concello de Pontevedra | |
|---|---|
|
Areás | A Bouza | Os Campos | Carabelos | Casas Novas | Condesa | Cons | Eirós | Freixeiro | A Laxe | Moldes | Monte Porreiro | O Monte | Mourente | O Outeiro | O Pazo | A Raxeira | San Amaro | Santa Margarida | Vilaverde |