Monte Pelée

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Monte Pelée
1902-pelee-map.jpg
Elevación: 4,582 pés (1,397 m)
Coordenadas: 14°49′0″N 61°10′0″W / 14.81667°N 61.16667°W / 14.81667; -61.16667
Localización: Martinique
Última erupción: 1932
Tipo: Estratovolcán

O Monte Pelée ou Monte Pelair, volcán novo situado en Saint Pierre, na Martinica, causou en 1903 a máis devastadora erupción volcánica da que se ten coñecemento.

Sábese que preto de 30 mil persoas morreron por causa desta erupción que deu unha completa nova concepción aos estudos volcánicos. O fluxo piroclástico, unha cinza volcánica con preto de 300 °C, cubriu 20 km ao longo de toda a cidade de Saint Pierre seguida pola lava, de aproximados 1000 °C.

O efecto do fluxo piroclástico é tan devastador que en tres minutos exterminou a vila, e derreteu casas e predios. As persoas foron encontradas queimadas, e mortas debido ás explosións.

En verdade, dous meses antes da erupción xa se comezaba a percibir que houbera erros con respecto ao volcán, mentres, unha mestura de ignorancia e euforia impediran a evacuación da cidade, a saber:

  • Eleccións que estaban moi próximas.
  • Peticións do gobernador para que non se deixase a cidade e, os que deixaran, que voltasen.
  • Recusa da materia alarmante, por falta de espazo, polo xornal local.
  • A existencia dun enorme cráter, o cal se consideraba que conduciría a lava para o mar.
  • O día do fénomeno eruptivo (08/05/1903) era a festa do día da Ascensión polo que foi festivo en Saint Pierre, o que incentivou a máis persoas volveren para a cidade.

Para se ter noción da forza volcánica, rexístrase que conseguiu lanzar pedras do tamaño dunha casa. Ninguén na cidade sobreviviu, con excepción dun único home, Ludger Cilbaris. Tratouse dun preso no cárcere e, xustamente por iso, safouse da morte. De feito, as varias capas de parede que constituiron a súa "cela" filtraron as partículas de magma que forman parte do fluxo piroclástico. Aínda así, o "home marabilloso" (como ficou coñecido) sufriu serias queimaduras e, antes de ser encontrado, pasou catro días de agonía, fame e medo até ser encontrado por catro estudantes.

Este evento foi un punto de inflexión nos estudos volcánicos e sábese que, pola idade xeolóxica do Monte Pelée, se produciron outras erupcións de iguais proporcións.

Hoxe, a pesar dos 30.000 habitantes de 1903, Saint Pierre conta con apenas 5.000 habitantes e o famoso monte é monitorado regularmente. No museo da cidade aínda se poden atopar varios obxectos que foron completamente deformados polo efecto.