Monte Naranco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°23′00″N 5°52′00″O / 43.38333333, -5.86666667

Naranco
O Naranco desde Abuli

Elevación: 634 metros
Localización: Asturias
Cordilleira: Serra do Naranco
Primeira ascensión: Inmemorial
Rota máis fácil: Estrada

O Naranco é unha pequena serra que se se estende ao norte da cidade de Oviedo. A súa altura máxima alcanza 634 m. En 1985 o Naranco foi incluído na lista do Patrimonio Mundial da UNESCO polas súas igrexas prerrománicas.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Forma un arco duns 5 km. O seu extremo noroeste linda coa freguesía de Villaperi, e o leste coa de Lloriana. Ao norte e leste da serra flúe o río Nora.

O seu relevo é suave, con escaso desenvolvemento en altura. Salientan entre as paraxes e picos: o Mirador de la Reina (607 m), Pico do Pozu l'Agua (593 m), Picu'l Paisanu (634 m), Alto La Roza (628 m), Canto La Caleyina (582 m) e a Peña Llampaya (561 m).

O Naranco está constituído por materiais como areniscas ricas en ferro, xistos, carbóns e calcarias. Varios destes materiais son utilizábeis industrialmente o que orixina a presenza de varias canteiras para explotalos.

Arqueoloxía e monumentos[editar | editar a fonte]

A serra do Naranco foi utilizada como asentamento de castros como os de Fitoria (La Cogolla) ou, en Cuyences, (El Castiellu), entre outros. Así mesmo téñense atopados restos romanos, tales moedas, tellas, sepulturas e estelas funerarias, descubertas en San Pedro de los Arcos, Lillo ou Lloriana.

Na encosta meridional do Naranco áchanse os monumentos prerrománicos de Santa María do Naranco e San Miguel de Lillo.

Na cima do serra hai unha estación de Radiotelevisión, unha área recreativa e un monumento ao Sagrado Corazón de Xesús, erguido en 1950.

San Miguel de Lillo no Naranco.

Fauna[editar | editar a fonte]

No Naranco hai mamíferos como esquíos, porcoespiños, doniñas, xabaríns, toupas e raposos. Entre as aves que teñen o seu hábitat no Naranco están os azores, quebraosos, grallas, ralos, curuxa, corvo, pegas e bexatos. Réptiles e anfibios están representados por lagartas, liscanzos, sapos, ras e sacabeiras.

Flora[editar | editar a fonte]

As fragas das ladeiras setentrional e suroccidental do Naranco están formadas por unha mestura propia dos bosques atlánticos con intervención antrópica: castiñeiros, carballos, amieiros, pradairos, freixos, xardóns, cerdeiras, salgueiros, loureiros, álamos e mimosas.

Nas depresións do terreo medran agrupacións de espiñeiros, rebolos, teixos, sabugueiros, érbedoa, silvas, abeleiras e toxos. Existen tamén plantacións de eucaliptos.