Monte Longo, Lobeira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Monte Longo
Igrexa de Santa Cristina de Monte Longo.
ConcelloLobeira[1]
ProvinciaOurense
Coordenadas41°59′38″N 7°59′45″O / 41.993888888889, -7.9958333333333Coordenadas: 41°59′38″N 7°59′45″O / 41.993888888889, -7.9958333333333
Poboación57 hab. (2022)
Entidades de poboación3[1]
editar datos en Wikidata ]

Santa Cristina de Monte Longo é unha parroquia do concello de Lobeira, na comarca da Baixa Limia, provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 82 habitantes, dos cales 39 eran homes e 43 mulleres.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Capela de Vilariño.

A igrexa de Santa Cristina de Monte Longo, datada en 1732, está construída sobre o castro de Coto da Xulleira. No muro do evanxeo ten o escudo de armas dos Feijoo e dos Soutelo. Ten unha imaxe da Piedade do século XVII, e outras tallas de Santa Tareixa e da Virxe do Carme.

A capela de Vilariño, dedicada á Nosa Señora da Virxe do Rosario, ten imaxes de San Pedro, San Roque e Santo Antón.

Monte Longo na literatura popular[editar | editar a fonte]

  • Baixa Souto, baixa Souto,/ que a Nogueira xa baixou;/ pano fino, pano fino/ os que gastan os de Grou [2].
  • Chabacanas en Forcadas/ e cañotas na Nogueira;/ o que queira boas mozas/ veña as buscar a Loubeira [3].
  • Do outro lado do río/ sentín chorar e cantei:/ Santa Lucía en Vileriño,/ San Antonio en Recarei [4].
  • Entre Souto i a Nogueira/ hai unha polida dama:/ se queres saber quen é/ Santa Cristina se chama [5].
  • O que queira boas mozas/ véñaas buscar a Lubeira,/ o que queira pernas tortas/ vaia ao lugar de Nogueira [6].
  • Santa Baia é boa terra/ i a Vila pinta colores;/ Vileriño tras do Viso,/ Dios me retire os amores [7].
  • Santa Comba dá boas mozas,/ hainas en Grou pimpineiras,/ en Lubeira cubizosas/ i en Rubiás camanduleiras [8].

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Monte Longo[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Monte Longo no concello de Lobeira (Ourense)

Nogueira | Souto | Vilariño

Parroquias de Lobeira[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Lobeira

A Fraga (San Bartolomeu) | Lobeira (San Vicente) | Monte Longo (Santa Cristina) | Parada (Santa Eufemia) | San Martiño de Grou (San Martiño) | San Xes de Vilariño (San Xes) | Santa Comba (San Trocado) | Santa Cruz de Grou (Santa Cruz)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Decreto 332/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da Provincia de Orense.
  2. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 53. Souto e Nogueira son lugares da parroquia de Monte Longo, no concello de Lobeira.
  3. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 62. As Forcadas, lugar da parroquia de Santa Comba, concello de Bande.
  4. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 72. No orixinal: cantén. Vileriño será localismo por Vilariño, que en Ourense pode ser lugar da parroquia de San Xoán de Randín, no concello de Calvos de Randín; lugar da parroquia de Santa Cristina de Monte Longo, en Lobeira; ou San Xes de Vilariño, parroquia do mesmo concello. Recarei é lugar da parroquia e concello de Bande.
  5. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 75). Santa Cristina de Monte Longo é unha parroquia do concello de Lobeira, e Souto e Nogueira son dous lugares da mesma parroquia.
  6. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 123. No orixinal: veñas. Nogueira é lugar da parroquia de Monte Longo, no concello de Lobeira.
  7. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 141). Santa Baia e A Vila son dous lugares da parroquia de San Vicente de Lobeira; Vilariño, lugar da parroquia de Santa Cristina de Monte Longo (Lobeira
  8. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 141. San Trocado de Santa Comba é parroquia do concello de Bande; Lubeira enténdese que é a parroquia de San Vicente de Lobeira; Rubiás é lugar da parroquia de Cadós, en Bande; Grou, sen advocación, enténdese que é San Mamede de Grou, parroquia do concello de Lobios, pero tamén existe unha Santa Cruz de Grou, parroquia de Lobeira, e un San Martiño de Grou, parroquia compartida polos concellos de Lobeira e Lobios.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]