Monte Chingolo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 34°43′S 58°19′W / 34.717°S 58.317°W / -34.717; -58.317 Monte Chingolo é unha localidade do partido de Lanús (zona sur do Gran Bos Aires, Arxentina). A súa orixe remóntase a un salgadeiro fundado por Juan Manuel de Rosas o 23 de novembro de 1815.

Nesta localidade estaba situado o Batallón de Arsenais 601 «General Domingo Viejobueno» do Exército Arxentino. O 23 de decembro de 1975 o Ejército Revolucionario del Pueblo, unha agrupación revolucionaria de corte marxista, intentou ocupar a unidade militar e apoderarse de armamento de guerra, con desastrosos resultados; no enfrontamento perderon a vida numerosos membros do ERP, que quedaría prácticamente desarticulado.

Poboación[editar | editar a fonte]

Monte Chingolo era en 2001 a segunda cidade máis poboada do partido con 85.060 habitantes, o que representa un 19% do total do partido.