Monster Magnet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Monster Magnet
Monster Magnet - Live Madrid.jpg
Orixe New Jersey, Flag of the United States.svg
Período 1989 - actualidade
Xénero(s) heavy metal, stoner metal, hard rock, rock psicodélico, space rock
Selo(s) discográfico(s) Glitterhouse Records, Caroline Records, A&M Records, SPV Records, Napalm Records
Membros Dave Wyndorf
Garrett Sweeny
Phil Caivano
Jim Baglino
Bob Pantella
Antigos membros Ed Mundell
Joe Calandra
Jon Kleiman
Michael Wildwood
John McBain
Tim Cronin
Tom Diello
Web oficial monstermagnet.net


Monster Magnet é unha banda estadounidense de stoner rock procedente de Red Bank, New Jersey. Foi fundado por Dave Wyndorf (voces e guitarra), John McBain (guitarra), Tom Diello (batería) e Tim Cronin (voces e baixo) en 1989. O grupo tivo primeiro o nome de "Dog of Mystery" e posteriormente "Airport 75" antes de quedarse co definitivo "Monster Magnet", collido dun xoguete dos anos 60 que lle gustaba a Wyndorf cando era neno.

Historia[editar | editar a fonte]

En 1989 Monster Magnet editou dúas casetes demo: Forget About Life, I'm High on Dope e I'm Stoned, What Ya Gonna Do About It?. O primeiro lanzamento "oficial" da banda sería un EP auto-titulado publicado polo selo alemán Glitterhouse Records. O EP contiña os temas "Snake Dance" e "Nod Scene" (que aparecerían despois en Spine of God) e "Tractor" (re-gravado posteriormente para Powertrip).

En 1991 a banda asinou un contrato con Caroline Records e lanzou o seu primeiro álbum, Spine of God, en 1992. O álbum é considerado como un dos clásicos do xénero stoner rock. O traballo contén o sinxelo "Medicine" (que sería regravado anos máis tarde en God Says No), que tamén foi o primeiro videoclip do grupo. A banda comezou unha xira xunto con Soundgarden, e esta permitiu que Monster Magnet asinase un contrato co selo A&M Records.

A súa última edición con Caroline Records foi un EP titulado Tab que incluía, entre outras dúa longas cancións, un tema de 32 minutos chamado "Tab...". McBain deixou a banda pouco despois e foi reemprazado polo guitarrista de Atomic Bitchwax Ed Mundell.

En 1993 apareceu o álbum Superjudge a través de A&M Records, pero non tivo moito éxito comercial. As cancións "Twin Earth" e "Face Down" foron lanzadas como sinxelos (acompañadas dos seus respectivos videoclips), pero pouco fixeron para axudar a promocionar o álbum.

O seu seguinte traballo, Dopes to Infinity', aparecido en 1995, tivo o éxito "Negasonic Teenage Warhead", e o seu video apareceu regularmente na MTV. Aínda así o álbum non tivo o éxito que a banda agardaba.

Despois da xira de Dopes to Infinity, Wyndorf mudouse a Las Vegas, Nevada para comezar a traballar en Powertrip. O álbum lanzouse en 1998 e foi un éxito que lle deu á banda un disco de ouro. O guitarrista Phil Caivano uníuse ao grupo nese mesmo ano. "Space Lord", o primeiro sinxelo do novo traballo, foi un hit nas radios e a banda saiu de xira con Aerosmith, Metallica, Rob Zombie e Marilyn Manson. As cancións "Powertrip", "Temple of Your Dreams" e "See You In Hell" tamén foron emitidas frecuentemente en radios de rock. O álbum acadou o posto 97 na lista Billboard 200.

Despois de dous anos de xira para promocionar Powertrip, a banda editou God Says No no ano 2000, acadando o número 153 da Billboard. Porén, non tivo o mesmo éxito comercial que o anterior traballo do grupo. Despois do lanzamento, Joe Calandra e Jon Kleiman deixaron Monster Magnet. Estes serían reemprazados por Jim Baglino e Michael Wildwood, que gravaron Monolithic Baby!. Despois dun breve período Wildwood foi substituido polo antigo batería de Love Among Freaks Bob Pantella. O grupo tamén deixou A&M Records durante este tempo.

Monster Magnet compuxo e interpretou "Live For The Moment", que ven sendo o tema oficial da estrela da WWE Matt Hardy dende 2002. A canción tamén apareceu no recompilatorio WWF Forceable Entry.

En 2003, Monster Magnet editou Greatest Hits, un dobre álbum cos seus mellores temas, algunhas rarezas, e videos musicais da súa etapa con A&M. Entón asinaron co selo europeo SPV, e a principios do 2004 publicaron Monolithic Baby! en Europa. A edición estadounidense foi no mes de maio a través de SPV America. A banda tivo un éxito menor coa canción "Unbroken (Hotel Baby)".

En marzo do 2005 Caivano marchou despois de sete anos no grupo. Para marzo do 2006 agardábase a continuación de Monolithic Baby!, para coincidir coa súa xira europea, xunto coas re-edicións de Spine of God e Tab, porén, a xira e as edicións non se levaron a cabo.

O 27 de febreiro do 2006 Dave Wyndorf tivo unha sobredose de medicamentos recetados.

En 2007 anunciouse que Monster Magnet lanzaría un novo álbum, 4-Way Diablo, que se retrasou un ano debido á sobredose de Wyndorf. O disco foi gravado posteriormente ese mesmo ano. Tamén en 2007 apareceu un nomo recompilatorio de grandes éxitos, 20th Century Masters - The Millennium Collection: The Best of Monster Magnet.

Antes da xira europea de Monster Magnet do 2008, Caivano regresou á banda.

O 24 de novembro do 2009 anunciouse que Monster Magnet asinara un novo contrato con Napalm Records. A banda tamén anunciou que entraría no estudio en xaneiro do ano seguinte para gravar un novo disco que sería editado cara o verán.

O novo traballo, titulado Mastermind, foi publicado no mes de outubro do 2010. A banda iniciou unha xira europea en agosto, e que continuou en novembro e decembro, para promocionar o novo disco.

O 3 de novembro Dave Wyndorf anunciou que Ed Mundell deixara a banda por razón persoais e que Garrett Sweeny sería o encargado de ocupar o seu lugar na xira.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

EPs[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]