Monoplacóforo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Monoplacóforos
Monoplacophora.svg

Anatomía interna dunha Micropilina, que é un monoplacóforo.

Clasificación científica
Reino: Animalia
Subreino: Eumetazoa
Sen rango: Bilateria
Superfilo: Lophotrochozoa
Filo: Mollusca
Clase: Monoplacophora
Ordes

Os monoplacóforos (Monoplacophora) son unha clase de moluscos creada non hai moito tempo (1952), e representada inicialmente pola especie Neopilina galatheae descuberta e recollida en México a uns 3.600 m. de profundidade. Posteriormente foron descubertas outras especies vivas, ademais xa se coñecían moitos fósiles de inicios do Cambriano[1].

Características gerais[editar | editar a fonte]

Yochelcionella cyrano

Os monoplacóforos son animais planos, cunha cuncha con forma de cúpula, semellando unha lapa. Presentan simetría bilateral. Na parte inferior do corpo presentan unha boca, cuns tentáculos preorais, e no seu interior atópase unha rádula; a continuación un estómago simple cun saco que contén o estilo cristalino. Logo segue un Intestino enroscado e remata nun ano.

No interior da cavidade paleal hai 5 pares de branquias de tipo ctenidio.

Existen uns 6 pares de nefridios que abren no suco paleal, na base das branquias.

O aparato reprodutor ten dous pares de gónadas grandes as cales desembocan respectivamente no terceiro e cuarto nefridios, saíndo os gametos a través dos gonóporos.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Unha das clasificacións actuais sinaña que hai unhas 20 especies vivas, distribuídas en 7 xéneros.

Clasificación da clase Monoplacophora[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  1. Heinz A. Lowenstam and Stephen Weiner, On Biomineralization, Oxford University Press, New York, p. 89 (1989)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Monoplacóforo
Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Monoplacóforo

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]