Monoblastozoos
| Monoblastozoos (Monoblastozoa) |
|||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Clasificación científica | |||||||||||
|
|||||||||||
| Especie | |||||||||||
|
|||||||||||
Os monoblastozoos (Monoblastozoa)[1] son un filo do reino animal de dubidosa existencia e aínda máis dubidosa filiación.
Baséase nunha única especie, Salinella salve, que foi descrita en 1892 por Johannes Frenzel nunha solución salina ao 2 % a partir de material procedente da auga de dúas minas de sal de Córdoba (Arxentina).[2]
Segundo o autor do único rexistro publicado do organismo, o corpo de Salinella consta dunha capa única de células (ao que alude o nome de monoblastozoo) carecendo de tecidos e órganos. Máis organizado que os protozoos, trátase porén dun moi primitivo organismo pluricelular caracterizado por presentar as súas partes anterior e posterior diferentes, e por estar densamente ciliado, especialmente ao redor da "boca" e do "ano". Reprodúcese asexualmente por fisión transversal do corpo e, aínda que se sospeita que pode reproducirse sexualmente, non hai evidencias disto.[2]
A esta especie outorgóuselle a categoría de filo por recoñecerse que o dos Mesozoa era demasiado diverso para ser un filo en si mesmo.
Pero a descrición se Salinella é ambigua e imprecisa, e non puido caracterizarse con precisión dado que nunca se volveu a observar, polo que algúns zoólogos dubidan da súa existencia.[3]
Índice |
Notas [editar]
- ↑ Do grego μόνος monos, "un só", "único", βλαστός blastos, "xerme" (aquí no sentido de "capa xerminativa do embrión"), e ζωον zōon, "animal",
- ↑ 2,0 2,1 Frenzel, J. (1892): "Untersuchungen über die mikroskopische Fauna Argentiniens". Archiv für Naturgeschichte 58: 66–96.
- ↑ Brusca, R. C. & Brusca, G. J. (2005): Invertebrados, 2ª edición. Madrid: McGraw-Hill Interamericana de España. ISBN 0-87893-097-3.
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- Brusca, R. C. & Brusca, G. J. (2005): Invertebrados, 2ª edición. Madrid: McGraw-Hill Interamericana de España. ISBN 0-87893-097-3.
Ligazóns externas [editar]
| Filos do Reino Animal |
| Acanthocephala | Acoelomorpha | Annelida | Arthropoda | Brachiopoda | Bryozoa | Chaetognatha | Choanozoa | Chordata | Cnidaria | Ctenophora | Cycliophora | Echinodermata | Entoprocta | Gastrotricha | Gnathostomulida | Hemichordata | Kinorhyncha | Loricifera | Micrognathozoa | Mollusca | Monoblastozoa | Nematoda | Nematomorpha | Nemertea | Onychophora | Orthonectida | Phoronida | Placozoa | Platyhelminthes | Porifera | Priapulida | Rhombozoa | Rotifera | Sipuncula | Tardigrada | Vetulicolia† | Xenoturbellida |