Mono (vestimenta)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mono.
Mono de peto.

O mono é una peza de vestido de traballo dunha soa peza,[1] é dicir, traxe de pantalón e corpo nunha soa peza, fabricado de tea forte, que usan os obreiros, motoristas, mecánicos, etc., e que adoita poñerse sobre a roupa corrente para protexela (mono de traballo).

Aínda que ideado orixinalmente como roupa de traballo, é bastante popular o uso dunha peza de vestir parecida a este traxe en nenos (mono de bebé), e tamén é usado por moitos adultos, especialmente mulleres, que utilizan pezas de características sinilares como roupa de vestir ou deportiva (mono de vestir).[2]

Outro tipo de mono é un pantalón cun peto na parte dianteira e tirantes na parte posterior.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. mono3 s.m. Traxe de faena dunha soa peza; funda.
    Definición do Gran dicionario Xerais da lingua.
  2. mono s. (...) 5. fig. Mono, traxe de faena de corpo completo e unha soa peza, de tea resistente. 6. Mono, por extensión, calquera peza de vestir ou deportiva de características similares. (...)
    Acepcións 5ª e 6ª do Gran dicionario Século21 galego/castelán cstelán/galego, Galaxia/O Cumio (2006). Coincidentes cos acepcións 4ª e 5ª do Gran dicionario Século21 da lingua Galega, Galaxia/O Cumio (2006).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mono Modificar a ligazón no Wikidata