Monitor de estudio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un monitor de estudio reproduce o sinal de audio de forma transparente, dando unha resposta lineal, sen alteracións e sen coloración. Estes monitores sempre teñen unha marxe de error, pero sempre será un sinal máis puro que calquera equipo hi-fi, que adoitan colorear o sinal en graves e agudos para facer un son máis “redondo” ou agradable. Son un dos elementos máis importantes nun estudio de grabación porque deles sacarase a mestura final.

Clasificación dos monitores[editar | editar a fonte]

Os monitores activos teñen a fonte de alimentación integrada na súa caixa. Os pasivos, na súa contra, necesitan unha alimentación externa mediante unha etapa de potencia. Para un estudo adoitan ser máis apropiados uns monitores activos, xa que necesitan menor espazo e proporcionan boa calidade.

Tipos de campos[editar | editar a fonte]

Hai tres tipos de campos:

  • Monitores de campo próximo: Usados en zonas non moi grandes (non superiores a unha habitación estándar) polo que non se necesita un volume elevado para traballar con eles.
  • Monitores de campo medio: Son máis grandes ca os anteriores e alcanzan frecuencias máis graves. Poden ou non ir empotrados na parede, pero deben situarse a máis distancia que os de campo cercano (1 metro e medio ou 2 metros de distancia).
  • Monitores de campo lonxano: Conteñen case todo o espectro sonoro humano, teñen un son moi limpo e van empotrados na parede.

Situación dos monitores[editar | editar a fonte]

En teoría a distancia entre os dous monitores debe ser a mesma que entre o monitor e a cabeza do escoitador na posición de escoita (debe formar un triángulo equilátero). É importante que os monitores se encontren á altura dos oídos e elevados con algún estante ou material absorbente para evitar que o contacto coa superficie ríxida produza comb-filtering ou proporcione unha resposta diferente en frecuencias.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]