Moncho Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Moncho Fernández, nado en Santiago de Compostela o 19 de outubro de 1969, é un adestrador de baloncesto galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou como axudante de Moncho López no Gijón Baloncesto entre 2000 e 2002, pasando a adestrar el mesmo o equipo entre 2002 e 2005. Nese ano volveu xunto ao adestrador ferrolán no Club Baloncesto Breogán. Logo dunha tempada en Lugo, entre 2006 e 2009 dirixiu o Club Baloncesto Villa Los Barrios.

Comezou a tempada 2009-10 no CB Murcia, sendo destituído o 9 de decembro. Na tempada 2010-11 dirixe o Obradoiro Blu:Sens Monbús na LEB Ouro.