Moncelos, Abadín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Moncelos
Igrexa de Moncelos.
ConcelloAbadín[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas43°17′01″N 7°29′30″O / 43.28351928, -7.49171151Coordenadas: 43°17′01″N 7°29′30″O / 43.28351928, -7.49171151
Área6,8 km²
Poboación191 hab. (2019)
Densidade28,09 hab./km²
Entidades de poboación10[1]
editar datos en Wikidata ]

Santiago de Moncelos é unha parroquia do concello lugués de Abadín. Segundo o IGE en 2014 tiña 185 habitantes (87 homes e 98 mulleres), 61 menos ca en 2004.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Limita ao norte coas parroquias de Baroncelle e Corvite; ao sur coas Goás; ao leste coa Graña de Vilarente e Vilarente e ao oeste con Árbol (no concello de Vilalba).

Pertence ao arciprestado de Baroncelle e está composta por 10 entidades de poboación e 9 lugares, cunha densidade de 36'2 hab./km². As entidades son A Cañoteira (1), A Casavella (7), Moar (20), Redemuíños (6), Ribela (18), Os Tarraxís (39), O Valado (23), As Veiguiñas (11), Xubín (29) e Zoñán (31). Os lugares (que xeralmente forman parte dalgunhas das entidades) son O Alto, Carba, As Cargas, O Carragal, O Fermín, O Formigueiro, A Furada, As Golpilleiras e Sinde. O lugar de maior altitude é Argán (585 m).

Patrimonio[editar | editar a fonte]

  • A igrexa parroquial de Santiago de Moncelos,[2] situada na aldea dos Tarraxís, ao igual que o cruceiro da mesma aldea, está situada sobor dun antigo castro. Construída no século XVI, sufriu profundas transformacións e engadidos posteriores. De planta rectangular, consta dunha nave con capelas laterais e capela maior, a carón da cal se encontra a sancristía. A nave e a capela maior están cubertas de cachotaría de lousa a dúas e tres augas respectivamente. Diante da fachada hai un pórtico e sobre o muro do mesmo, unha espadana dun corpo con dous vans a que se accede por unha torreta circular adusada, na que se encerra unha escaleira de caracol. A porta principal esta adintelada. No interior destacan o arco triunfal de medio punto e os arcos das capelas laterais. Púlpito con base de pedra pintada, o rústico pavimento de lastras e o interesante retablo maior barroco do século XVIII, procedente da igrexa do mosteiro de Meira, ademais do retablo lateral plateresco popular do século XVII.

Cruceiros[editar | editar a fonte]

Un cruceiro en granito de cruz coa figura de Cristo crucificado, coa presenza dunha cabeza aos seus pés, e a Virxe Inmaculada no reverso; capitel de estilo xónico con volutas nas esquinas, e fuste cos atributos da Paixón (cravos, martelo, tenaces, escaleira e lanza); a base, de forma cúbica, conten unha inscrición coa data do 1867.

No Carragal hai outro cruceiro de granito, con cruz florenzada coa figura de Cristo e unha figura máis pequena aos seus pés no anverso, e a figura da Piedade no reverso; capitel con anxos aos lados e volutas nas esquinas, fuste poligonal cunha figura e os instrumentos da Paixón; apóiase directamente sobre unha base tronco-piramidal. Non ten inscrición nin data.

No Valado hai outro cruceiro realizado en granito. Coa cruz florenzada con Cristo no anverso; capitel sinxelo con arestas; fuste poligonal con atributos da Paixón: lanza, cravos, martelo, tenaces e escaleira; con base cúbica sen inscricións.

Cóntase que había un lugar en Moncelos chamado Fromariz[3] no que se producían aparicións fantásticas, como unha vaca con sete becerros, unha cocha con oito bacoriños ou gatos que se enleaban nas pernas dos transeúntes. Ó final, para acabar con este encanto chantaron un cruceiro, e desde aquela xa non se aparece nada.[4]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Moncelos[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Moncelos no concello de Abadín (provincia de Lugo)

O Alto | A Cañoteira | Carba | As Cargas | O Carragal | A Casavella | O Fermín | O Formigueiro | A Furada | As Golpilleiras | Moar | Redemuíños | Ribela | Sinde | Os Tarraxís | O Valado | As Veiguiñas | Xubín | Zoñán

Parroquias de Abadín[editar | editar a fonte]

As dezanove parroquias que conforman o concello de Abadín.
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Abadín

Abadín (Santa María) | Abeledo (Santa María) | Aldixe (San Pedro) | Baroncelle (Santiago) | Cabaneiro (San Bartolomeu) | Candia (San Pedro) | Castromaior (San Xoán) | Corvite (San Pedro) | Fanoi (Santa María Madanela) | Fraiás (San Pedro) | Galgao (San Martiño) | As Goás (San Pedro) | A Graña de Vilarente (Santa María Madanela) | Labrada (San Pedro) | Moncelos (Santiago) | Montouto (Santa María) | Quende (Santiago) | Romariz (San Xoán) | Seivane de Vilarente (San Xoán)


Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]