Monòver - Monóvar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Monòver - Monóvar
Situación xeográfica
Localización de Monòver respecto o País ValencianoLocalización de Monòver respecto á comarca do Vinalopó Mitjà
Estado: España
Comunidade autónoma: País Valenciano
Provincia: Alacant
Comarca: Vinalopó Mitjà
Xeografía
Altitude: 341 msnm
Superficie: 37,70 km²
Poboación
Poboación total: 13.056 hab. (2008)
Densidade de poboación: 346,31 hab./km²
Xentilicio: Monoveiro/a
Información
Código postal: 03640
Alcalde: Salvador Poveda Bernabé (PP)
Sitio na web: http://www.monover.com

Monòver (en castelán tamén oficial Monóvar) é un concello do País Valenciano situado no interior da provincia de Alacant, na comarca do Vinalopó Mitjà. Conta con 13.056 habitantes (INE 2008).

Demografía e economía [editar]

A poboación distribúese en diferentes núcleos como por exemplo Monòver, Cases del Senyor, Xinorlet, Fondo e La Romaneta.

O calzado e a marroquinería, cunha importante industria de transformación de productos agrarios (viños con Denominación de Orixe Alacant, sen esquecer o exclusivo Fondillón, o moscatel e froitos secos) constitúen a base dunha rica economía. Nas canteiras da Cavarassa extráese o mármore vermello "Alacant", e no plano artesanal destaca o traballo do vimbio, xoguetes, cestas e mobles de xardín.

A proximidade de Monòver ao casco urbano de Elda veuse aumentada ultimamente debido á sucesión urbana que supoñen polígonos industriais de ambas cidades, situados case conxuntamente.

Evolución demográfica do concello de Monòver
1857 1887 1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2001 2006
8.640 8.792 10.601 11.243 10.377 9.799 9.933 9.979 10.393 10.348 11.111 12.137 11.916 12.841

Política [editar]


BP PP PSPV GIMV Outros Total
2007 1 7 8 1 0 17
2003 0 8 7 3 0 17

Cidades irmandadas [editar]

Flag of Galicia.svg Ponteareas (Galiza) Están irmandadas xa que as festas de ambas vilas coinciden no tempo (do 6 ao 10 de setembro) e que a súa patrona é a mesma, a Virxe dos Remedios, en valenciano la Mare de Déu del Remei.