Molène
| Molène | |
|---|---|
| Vista da illa | |
| Datos | |
| Capital | |
| País | Francia |
| Localización | Océano Atlántico |
| Arquipélago | |
| Linguas | |
| Poboación (2006) | 221 hab. |
| Superficie | 0´75 km² |
| Densidade | |
| Coordenadas | 48°23.50′N 4°57.20′W / 48.3917°N 4.9533°WCoordenadas: 48°23.50′N 4°57.20′W / 48.3917°N 4.9533°W |
| Maior Altura | 26 m. |
| Localización | |
Molène (Molenez en bretón) é unha localidade situada sobre illa francesa do mesmo nome no Mar de Iroise, ao longo da costa do departamento de Finisterre, en Bretaña. Igual que a súa veciña Ouessant, segue estando habitada na actualidade.
Xunto con outros illotes anexos, constitúe a comuna de "Île-Molène".
Xeografía [editar]
Molène é unha pequena illa de menos de 1 km de longo por 900 m de ancho, o que é unha superficie de 95 ha (0,95 km²). É a illa principal dun arquipélago de vinte illas (Balanec, Bannec, Béniguet, Morgol, Quéménès, Trielen...). A altitude máxima do arquipélago é de 26 m.
O arquipélago de Molène é desde 1988 "Reserva da Biosfera", atribuído pola UNESCO. Esta reserva atópase no límite do Parque Rexional de Armorique. Desta forma preténdese preservar a fraxilidade de certos lugares que poderían degradarse por sobrexplotación ou exceso de frecuentación turística durante a época estival.
Pódese acceder mediante barcos todo o ano desde os portos de Brest e de Le Conquet.
Demografía [editar]
En 2006 quedaban 221 persoas residentes en Molène, cunha densidade de 291 habitantes/km².