Moisés Blanco Paradelo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Moisés Blanco Paradelo
Nacemento5 de setembro de 1977
Lugar de nacementoO Barco de Valdeorras
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Moisés Blanco Paradelo, nado no Barco de Valdeorras o 5 de setembro de 1977, é un político galego do PPdeG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Diplomado en Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela. É mestre de música no colexio Divina Pastora do Barco. Técnico especialista en Informática de Xestión e técnico especialista en Protocolo e Relacións Institucionais. É concelleiro do PPdeG do Barco desde as eleccións municipais de 2003 e foi candidato á alcaldía nas municipais de 2007, 2011 e 2015. Foi deputado provincial (2007-2011) e vicepresidente segundo da Deputación de Ourense (2009-2011). Foi elixido deputado do Parlamento de Galicia nas eleccións de 2012. É o portavoz do Grupo Popular en materia de novas tecnoloxías.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]