Mohicanos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mohicanos
Hudsonmap.png
Territorio histórico dos mohicanos
Poboación
Poboación total:
Rexións principais:
Aspectos culturais
Lingua inglés, mohicano (extinta)
Relixión Irmandade de Moravia
Grupos
relacionados
Lenape, Mohegan, Pequot

Os Mohicanos foron unha tribo algonquina nativa da costa leste dos Estados Unidos. Orixinalmente localizados na conca do río Hudson no estado de Nova York, foron desprazados arredor de 1780 cara Massachusetts; posteriormente os seus descendentes emigrarían a Wisconsin entre os anos 1820 e 1830, onde se asentarían nas reservas dos lenape.[1][2] Os mohicanos adoitaban referirse a si mesmos como Muhhekunneuw ou xente do río. O termo mohicano provén do nome aplicado ó clan mohicano Lobo, que en mohicano se denominaban manhigan, orixe do termo inglés mahican, do cal derivou a denominación mohicano.

Na actualidade, os seus descendentes mesturáronse cos lenape e residen como unha soa tribo na Comunidade Stockbridge-Munsee

Foron inmortalizados polo escritor estadounidense James Fenimore Cooper no seu libro O derradeiro dos mohicanos publicado en 1826. Nel combina elementos culturais mohicanos e mohegan nas súas personaxes.

Referencias[editar | editar a fonte]

  1. "Mohican" (history), Encyclopædia Britannica, 2007, webpage:EB-Mohicans.
  2. "Mahican" (history), Encyclopædia Britannica, 2007, webpage: EB-Mahican.